ESPAZO 16




Somos unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede no Concello de Barro (Pontevedra). Desde 2016 organizamos ESPECIES DE ESPAZOS, un proxecto anual que busca dinamizar as relacións sociais na comarca de Pontevedra e poñer en valor o noso patrimonio natural e cultural. A través de actividades de sensibilización, formación, divulgación e creación artística no medio rural, fomentamos o encontro entre persoas, a participación comunitaria e a reflexión sobre a nosa contorna.
O proxecto segue a medrar grazas á implicación de veciños, artistas, colectivos e entidades locais, converténdose nun punto de encontro para quen queira explorar, coidar e reimaxinar o territorio que habitamos.
We are a non-profit cultural association based in the municipality of Barro (Pontevedra). Since 2016, we have been organising ESPECIES DE ESPAZOS, an annual project that aims to foster social connections in the Pontevedra region and highlight the value of our natural and cultural heritage. Through awareness-raising, educational, outreach, and artistic activities in rural areas, we encourage people to come together, promote community participation, and reflect on our surroundings.
The project continues to grow thanks to the involvement of local residents, artists, collectives, and organisations, becoming a meeting point for those who wish to explore, care for, and reimagine the territory we inhabit.